MOSTRA DO ENSINO 2012


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria esta a organizar a Mostra do Ensino Galicia 2012, que terá lugar entre os días 11 e 14 de abril no recinto feiral de EXPOCoruña, coa finalidade de presentar á comunidade educativa e á sociedade en xeral os cambios que se están a promover no sistema educativo de Galicia.

Coincidindo coa Mostra do  Ensino Galicia 2012, terá  lugar o congreso  Formación  e  competencias na nova  sociedade.

Entre outras, esta mostra ten como finalidade expoñer ao profesorado e á sociedade en xeral as posibilidades que pon a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en materia de idiomas, de TIC (Proxecto Abalar, emprendimiento, innovación educativa….), etc. Para iso no pavillón V.06, a mostra conta cunha aula Abalar onde diversos docentes co seu grupo de alumnos amosaremos a nosa práctica educativa neste eido.

Os nosos alumnos e alumnas de 6º de primaria  acompañados/as da súa titora e  Coordinadora Abalar e da mestra de Inglés , fomos convidados a  participar en dita mostra hoxe para amosar o manexo adquirido nestes dous cursos coas ferramentas e programas instalados nos miniportátiles abalar e o encerado dixital, nunha aula disposta en dita mostra para tal fin.
Nesta primeira xornada, tivemos  a oportunidade de demostrar o noso bo facer cunha sesión na que intentamos reflexar o traballo realizado na aula de inglés coa unidade“St. Patrick’s Day”.

 

 


Se queredes saber máis sobre as actividades Abalar realizadas por otros compañeiros, déixovos o enlace ao programa de actividades aula Abalar  da mostra.

Máis información: Congreso

Máis información: Mostra

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s