Important people from history

We go on working with the Simple Past Tense in level 6. In this ocassion, our task consists on making an interactive book about improtant people from history like Gabriel García Márquez, Miguel de Cervantes or Thomas Edison. Each students has to write several sentences about the most impotant facts about his/her person and illustrate it with a picture from the Internet.

Seguimos traballando co pasado en 6º. Nesta ocasión, a tarefa consiste en crear un libro interactivo sobre persoeiros importantes da historia como Gabriel García Márquez, Miguel de Cervantes ou Thomas Edison. Cada rapaz ten que escribir un pequeno texto destacando algúns datos importantes da súa persoa e ilustralo cunha imaxe extraída da Internet.

This time the digital tool chosen is called StoryJumper

índice

Story Jumper is an awesome website that allows students to easily create and discover stories.You can use Story Jumper with your students to spark their creativity and develop their writing skills.Click on the picture for more information about this tool.

A ferramenta dixital elexida para esta ocasión é StoryJumper.

StoryJumper  preséntase como uhna opción moi  interesante para desenrolar a creatividade e aa escritura mediante o uso das novas tecnoloxías.Clicade na imaxe para obter máis información sobre esta ferramenta.

 

índice

If you want to find out more information about your famous person from history, click on the pictures..

sp_mozart160Cíndice  imagesimagesThomas_Edison-índiceíndice  índice

OXFORD LEARNING ZONE

Recordade que o primeiro é ir á pestaña OXFORD LEARNING ZONE da páxina principal.

2014-04-18_0007

Eu accedo sen maior problema pero se vós o tendes, por favor, deixádeme un comentario e vemos cómo solucionalo.

1. O nome de usuario é englishforcarei@gmail.com

2. A contraseña é englishforcarei (todo xunto, sen espacios).

1

3. Unha vez accedades, veredes a seguiente pantalla, na que faredes click na zona indicada.

2

e xa tendes acceso ao libro dixital, xogos, actividades do voso curso etc. que vos será moi útil para traballar na casa. Have fun !.

2014-04-18_0009

Madrastra of English

‘Madrasta of English é o nome da páxina web que creou a profesora María Cristina Peña, unha docente que ao longo dos seus anos como profesional do ensino foi recollendo diferentes materiais en torno á materia de Inglés dirixidos aos distintos niveis académicos.
Blog de Inglés
A páxina ten unha estrutura moi sinxela, polo que desenvolverse a través das súas opcións de menú resulta intuitivo. Que recursos podemos consultar? Dende tarxetas para traballar o vocabulario a actividades para repasar os principais aspectos da gramática. Tamén hai exercicios para deleterar, Reading, Writing e Listening. Nese sentido, o site ‘Madrasta of English‘ incorpora un apartado específico dedicado á Fonética no que, por exemplo, a súa creadora incluíu unha táboa onde os alumnos poden escoitar todos os sons fonéticos da legua inglesa.

Wiki de cienciasOtra parte importante é a dedicada aos dicionarios on-line, onde se engadiron enlaces que levan ás páxinas de Oxford, Cambridge e McMillan. Así mesmo, destaca o dicionario visual Merriam Webster formado por máis de 6.000 imaxes coas súas respectivas descricións. Mentres tanto, e pensando no alumnado de Infantil e de Primaria, encontramos distintas cancións acompañadas de divertidas imaxes para que empecen a pronunciar as súas primeiras palabras en inglés.

Wiki de cienciasXunto á páxina ‘Madrasta of English‘, María Cristina Peña creou tamén unha wiki de sciencies (ciencias) para os estudantes de 3º de Primaria con unidades dedicadas ao corpo humano, a auga, as plantas, as paisaxes, os sentidos… Como materiais de apoio, introduciu xogos e vídeos explicativos para axudarlles a entender dun modo ameno e divertido os aspectos principais de cada unha destas unidades.

(Traducción d0 post incluído na revista Educación 3.0)

Plataforma Educaplay

O comezo do curso está a volta da esquina e gustaríame presentarvos unha nova plataforma educativa para a creación de actividades educativas multimedia chamada EDUCAPLAY.

 Educaplay é un proxecto desenrolado por “adrformacion” para a creación de actividades interactivas que, pouco a pouco, estase a converir nun sitio de referencia tanto para crear como para buscar actividades de calquera materia para as nosas clases. En Educaplay elabóranse materiais de forma online e quedan na plataforma para compartirlos co resto do profesorado.

Educaplay non require de ningún sofware, únicamente de navegador e do plugin de flash.

Para poder comezar a crear actividades en Educaplay só é necesario rexistrarse. Unha vez dados de alta accedemos ao noso perfil cos datos de usuario e contraseña e xa podemos comezar a crear as nosas propias actividades. Podemos elaborar actividades en 9 idiomas: Español, Inglés, Francés, Portugués, Holandés, Galego, Catalán, Euskera e Italiano. Unha das ventaxas que nos brinda educaplay é a posibilidade de exportar as actividades como paquetes SCORM para integrarlas en plataformas ou aulas virtuais  e poder facer un seguimento das calificacións das actividades. Outra característica interesante é que estas actividades son auto correxibles, o cal é estupendo para que os alumnos realicen tarefas dende casa e, por suposto, son moi prácticas para o traballo coa PDI.

Educaplay conta con dez tipos de actividades interactivas: Mapa, Adiviña, Completar, Encrucillado, Diálogo, Ditado, Ordear letras, Ordear palabras, Relacionar, Sopa, Test e Colección. As actividades pódense  elaborar con enunciados de texto, imaxen e audio, o cal ofrece  un abanico interesante de posibilidades. Para saber un pouco máis sobre as actividades, clicade na imaxe e poderedes continuar lendo este artigo completo no blogue  educ@conTIC.

Nova plataforma educativa: Tiching

O cole xa rematou e os máis cativos pasan moito máis tempo na casa. Por iso gustaríame recomendarvos unha recopilación dos mellores contidos educativos para aprender xogando ao mesmo tempo que organizamos unha tarde diferente con eles.

Tiching é un sistema web orgánico que ten por obxectivos organizar e difundir todos os contidos dixitais educativos escolares que existen na rede e por en contacto a toda a comunidade educativa.

Paréceme  ademais un recurso excelente para o profesorado, tanto como un buscador de contidos dixitais , como dunha rede social pensada exclusivamente para a comunidade educativa. Para coñecer un pouco máis este novo portal educativo, ollade este video.

Que vos parece colorear debuxos? En Tiching atoparedes máis de 1.500 contidos para disfrutar dunha tranquila tarde pintando e coloreando.

Afinade a voz e probade as canciós en inglés! Podedes elexir entre máis de 15.000 actividades interactivas para practicar inglés á vez que mellorades as vosas dotes musicais.

Dade rienda solta á imaxinación coas fábulas para nenos. Sempre é bo momento para contar un conto.

Seguide prácticando inglés dunha forma divertida cos contos en inglés. A mellor maneira de viaxar a mundos fantásticos e continuar mellorando o voso inglés.

Agora só vos queda clicar na imaxe e rexistrarvos.

Disfrutade das vacacións!