Kindergarten home activities: Actividades para Infantil


 

ACTUALIZAMOS A PÁXINA DAS ACTIVIDADES SEMANAIS.

 ATOPAREDES AS PROPOSTAS ORDEADAS DAS MÁIS RECENTES ÁS MÁIS ANTIGAS PARA FACILITAR O ACCESO.

LEDE CON ATENCIÓN AS INSTRUCCIÓNS DE CADA ACTIVIDADE E SEGUIDE A SECUENCIACIÓN DAS PROPOSTAS. 

 

Actividade 2: I want to be a robot

Daisy e Robin queren ser píncipes e viaxan a un mundo máxico onde coñecerán a un dragón.  Que lles pasará esta vez ? Preme na imaxe para ver o vídeo.

 

 

Actividade 2: Fruits in English

Botádelle unha ollade a este vídeo para aprender os nomes da froita en inglés coa axuda dun mono moi divertido.

Actividade 3: The hungry dragon

Esta semana toca facer o noso dragón. Déixovos unha ideas pero se tendes unha idea distinta mans a obra!!!

 

 

 

 

accommodation Archives - Page 2 of 15 - Inside Edge

 

 

Actividade 2: I want to be a robot

Daisy e Robin queren ser  robots. Que lles pasará esta vez ? Preme na imaxe para ver o vídeo.

 

 

Actividade 2: Action song

Fai moito que non movemos o esqueleto e xa temos as nosas conexións algo enferruxadas. Imos ver que podedes facer. Prohibido ficar sentado!!!!! Deixovos unha pulsera para por no pulso e así convertiros en pequenos robots. Premede aquí para descargala e usala mentras facedes a canción.

 

 

Actividade 3: A glinding robot

Que guai sería poder ter o noso propio robot. Queredes facer un que tamén se poida mover? O primeiro que tendes que facer e buscar a alguén que vos bote unha man. Xa tendes axudante? Agora buscade:

-Tesoiras

-Pegamento

-Ceras e rotuladores

-Cordel fino

-Unha palliña

-A ficha imprimible. Preme aquí para descargala

-Celo

Preparados? Seguide estes sinxelos pasos.

1- Decorade o voso robot e recortádeo con coidado.

color your robot template

2- Pegade con celo dous trociños da palliña  por detrás do robot.

 

tape two pieces of straw to the back of your robot

3- Cortade dous trozos de cordel fino de algo máis dun metro (1,22 cm) e pasade cada un por dentro dos trozos de palliña. Atade algo nas puntas do cordel para que non se vos escape das palliñas facendo tope.

 

thread the string through the robot and tie pony beads on each end

4- Buscade algún sitio para colgar o robot como o pomo dunha porta.

free printable climbing robot craft for kids

 

Tirade dos cordeis hacia os lados para que o robot suba e baixe. Un truco…Según o ángulo no que peguedes as palliñas o robot tomará un camiño distinto. Mirade o resultado…

Let’s see this glinding robot going up and down!!!!!

 

 

accommodation Archives - Page 2 of 15 - Inside Edge

 

 

 

Actividade 1: I want to be an explorer

Daisy e Robin queren ser exploradores e viaxan á selva na pescuda de animais exóticos. Que atoparán ? Preme na imaxe para ver o vídeo.

Actividade 2: Exotic animals word online games

Queres xogar comigo?Hoxe temos unha serie de xogos online para aprender os nomes dalgúns animais exóticos. Premede nas imaxes para acceder aos distintos xogos.

 

Actividade 3: A spiral snake mobile

Seredes quen de facer este móvil para decorar a vosa habitación. Podedes facerlle o deseño que vós queirades, pintalo cos dedos, pegarlle anaquiños de papel,…….. Premede AQUÍ para descargar o pdf co modelo do móvil.

 

 

accommodation Archives - Page 2 of 15 - Inside Edge

 

 

 

 

A temática desta semana vai ser a FAMILIA. Imos aprender os nomes dos membros da familia cunha divertida historia. E coidado co reto semanal. A ver se conseguides superar o reto da semana dos monstruos.

Actividade 1: I want to be a bird

Daisy e Robin queren ser paxaros e inician unha nova aventura. Que atoparán ? Preme na imaxe para ver o vídeo.

Actividade 2: Family word online games

Queres xogar comigo?Hoxe temos unha serie de xogos online para aprender os nomes dos membros da familia coa axuda dunha familia de ratiños. Premede nas imaxes para acceder aos distintos xogos.

Preme nas imaxes. Escoita e repite as palabras
Preme nas imaxes. Escoita e repite as palabras

 

Escoita e preme o debuxo.
Escoita e preme o debuxo correcto.
Escoita e preme as imaxes para ordealas.
Escoita e preme as imaxes para ordealas.

 

Actividade 3: A bird mask

Seredes quen de facer nun cartón (caixa de cereais, galletas, plato de papel, caixa de ovos….) unha máscara de paxaro. Engadídelle papeis de cores, pegatinas, trozos de revistas,… para facer as plumas. Déivos dunhas ideas para inspiraros.

Premede AQUÍ por se queredes descargar un modelo de máscara.

 

accommodation Archives - Page 2 of 15 - Inside Edge

 

 

 

 

Esta semana toca mover o esqueleto. Xa levamos moitas semanas na casa e temos que activar os nosos músculos pero….en inglés. Quen se atreve? Buscade a alguén da casa que queira facer algo de deporte e mandádeme algún un vídeo facendo algunha das tres propostas semanais. Cal vos gusta máis? Xa me contaredes

 

Actividade 1: Action verbs

Alguén se acorda do que facemos cando comenzamos a clase de inglés. Veñá…erguédevos da silla e movéde o voso corpo comigo.

 

Actividade 2: Walking, walking song

Que tal a primeira proposta? Seguimos fortalecendo os nosos músculos con esta divertida canción. Prohibido ficar sentado!!!!!

 

 

Actividade 3: Tooty-ta Song

Preparados para mover o corpo e cantar. Sónavos esta canción?

 

 

 

 

 

 

 

A temática desta semana van ser os monstruos: monstruos con ollos grandes; monstruos con orellas longas; monstruos con moitas bocas,……..

Actividade 1: I want to be a monster

Daisy e Robin queren ser monstruos e inician unha nova aventura. Que atoparán ? Pincha na imaxe para ver o vídeo.

Actividade 2: Ears, eyes, nose and mouth.

Queres xogar comigo? Érguete da silla e segue esta clase virtual. Seguro que o imos pasar moi ben. Ensaiade ben a canción para superar o reto da semana.

Actividade 3: A monster mask

Seredes quen de facer nun cartón (caixa de cereais, galletas, plato de papel,….) unha careta monstruosa. Cantos ollos lle ides por? E de que cor? Déivos dúas ideas para confeccionalas.

monsterstorytime- monster mask craft | Monster crafts, Storytime ...

 

DIY Paper Plate Monster Masks | Halloween crafts for kids ...

 

SAD MONSTER, GLAD MONSTER: Feelings Activities and Craft Ideas for ...

Creative Recycled CD Monster Craft20 Crazy Easy Monster Crafts for Kids - DIY projects for toddlers

 

Déixovos tamen uns modelos imprimibles. Pinchade nos enlaces para descargar os pdf.

Careta monstruo

Diadema monstruo

 

 

 

Esta semana é unha das semanas máis especiais do ano escolar: o 23 de abril festexamos o Día do Libro e, aínda que non estamos no cole, vouvos propor unha serie de actividades relacionadas cos libros, coas historias, cos contos,… Partindo do conto de Miss Spring  da semana pasada co que puidemos aprender palabras relacionadas con esta estación, deixovos estas tres propostas para que elixades a que máis vos guste…ou as tres se tendes tempo para facelas. Espero que vos gusten!!!!!

 

Actividade 1: Miss Spring picture

Que parte vos gustou máis do conto? Algún persoaxe en especial? Deixade libre a vosa creatividade, ese artista que levades dentro e facede a vosa propia ilustración do conto.

Deixovos unha plantilla para que fagades a vosa obra de arte. Clicade aquí para descargar o arquivo.

 

Actividade 2: A spring bookmark

Que mellor que un bo conto para pasar este días na casa! Xa sabedes que temos que coidar os libros e, para iso, deixovos un marcapáxinas para que o decoredes como queirades. E se queredes podees facer o voso propio marcapáxinas con algún debuxo do conto de Miss Sping.

Deixovos unha plantilla para que fagades o marcapáxinas. Clicade aquí para descargar o arquivo.

 

Actividade 1: Playing with clay

Taller de modelado
– Preparar plastilina ou masa caseira. Pásovos a ligazón dun vídeo coa preparación paso a paso
– Utilizar a masa preparada para modelar churritos e bolitas de diferentes tamaños.
– Quen ser atreve a facer unha “flower” ou “the sun”? Ou máis difícil todavía…” a butterfly” ou….. “the rainbow” ?

 

It’s SPRING time!

E aínda que non podamos disfrutar desta estación como queixéramos, imos tratar de facer algo na casa.

Para iso, imos comezar cun pequeno conto no que unha pequena fada vainos ensinar algunhas das cousiñas que podemos ver en primavera. Espero que vos guste!!!

Spring tale from María Abilleira Pomar on Vimeo.

  A primeira proposta de actividade son dúas manualidades primaverais.

ELEXIDE A QUE MÁIS VOS GUSTE E ADAPTÁDEAS AO QUE TEÑADES NA CASA.

PINCHA NA IMAXE PARA VER A PROPOSTA
       PINCHA NA IMAXE PARA VER A PROPOSTA

 

 

 PINCHA NA IMAXE PARA VER A PROPOSTA
PINCHA NA IMAXE PARA VER A PROPOSTA

 

Todas estas propostas son adapatacións de actividades da profe MIREN PARDO do blogue LA CLASE DE MIREN

A segunda proposta de actividade é unha proposta matemática.

QUE TAL SE VOS DAN OS NÚMEROS? E EN INGLÉS?

Para iso, imos comezar repasándoos coa axuda desta canción. Espero que vos guste!!!

 

LEDE CON ATENCIÓN A PROPOSTA, ELEXIDE A PLANTILLA SEGUNDO A VOSA IDADE E……A CONTAR. GRAVADE UN VÍDEO CONTANDO PARA VER O BEN QUE O FACEDES.

PREME NESTE ENLACE PARA DESCARGAR A PLANTILLA.

Esta proposta é unha adapatación das actividades da profe MIREN PARDO do blogue LA CLASE DE MIREN

PINCHADE NA IMAXE PARA VER A PROPOSTA
PINCHADE NA IMAXE PARA VER A PROPOSTA

 

 

 

 

Comezamos unha nova semana con novas porpostas que esperamos sexan do voso agrado. Clicade na imaxe de abaixo para acceder á presentación onde poderedes atopar ás actividades . Non vos esquezades de seleccionar no menú o curso do voso neno ou nena.Ou senon segue a a explicación das actividades debaixo.

A primeira porposta de actividade é o conto das Tres Mellizas (The Baby Triplets)para traballar as cores en contexto. Clicade na imaxe de abaixo para acceder ao vídeo.

A segunda proposta son dous xogos online para practicar este vocabulario.Clicade sobre os debuxos para acceder aos xogos. Necesitades habilitar o Adobe Flash Player.


A terceira proposta consister en escoitar, cantar e aprender esta canción The Rainbow Colours.


A última actividade consiste nun reto. Hai alguén da túa familia que poda cantar contigo a canción? Grava un vídeo e mándamo por whastapp. Seguro que vai quedar xenial!!!

 

Queredes unirvos a iniciativa #STAYHOME? Propóñovos realizar un debuxo coma o meu para encher o corcho da clase de inglés cos vosos debuxos o primeiro día que regresemos ao cole. Animádevos!!!!

 

ACTIVIDADES PARA OS MÁIS PEQUERECHOS DO COLE

Como estades rapazada? Como vos foi a semana? Antes de explicarvos que o que tendes que facer, un pequeno recordatorio: podesde realizar as actividades que teñades pendentes da semana pasada sen problema. Esta semana xa recibín algún vídeo e foto e xa vexo que non o estades a pasar mal de todo.

ESTADES PREPARADOS PARA SUPERAR O RETO?

Pincha na imaxe e accede a presentación. Alí atoparás un vídeo para que vexas como podes superar o reto.

 

Unha opinión sobre “Kindergarten home activities: Actividades para Infantil

Add yours

Deixar un comentario

Subir ↑